Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ramirás pola que se anuncia a contratación da obra de acceso a Quinta-Grixó-Escudeiros, por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra de acceso a Quinta-Grixó-Escudeiros, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato. Obra: acceso a Quinta-Grixó-Escudeiros, segundo proxecto do enxeñeiro técnico de Obras Públicas Jesús Iglesias Iglesias.

2. Duración do contrato: cinco meses.

3. Tipo de licitación: 15.000.000 de pesetas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.

5. Publicidade dos pregos. Estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

6. Garantía provisional. Será do 2% do tipo de licitación, equivalente a 300.000 pesetas.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio; suspenderase a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación, que será de 600.000 pesetas.

9. Presentación de proposicións: ata as trece horas do décimo terceiro día natural contados desde a última das publicacións deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

10. Apertura de proposicións: ás dezasete horas do segundo día hábil (agás sábado) seguinte a aquel no que remate o prazo para a presentación de proposicións, en acto público, no salón de sesións da casa do concello.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 9 do prego.

12. Criterio de selección: maior aumento de obra ofertado polo licitador.

Ramirás, 10 de setembro de 2001.

Pilar López García

Alcaldesa