Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, por decreto da Alcaldía do 4 de outubro de 2001, o Plan parcial do sector RA-46 O Salete, promovido por Construcciones Clelia, S.L. en Guillar, deste termo, de acordo co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse na secretaría do concello, en horas de oficina, e formular, se é o caso, as alegacións que se consideren pertinentes, que deberán ir dirixidas ó alcalde.

Outeiro de Rei, 4 de outubro de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde