O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 12 de xullo de 2001, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do PXMO derivada da sentencia 321/1999, consistente en cualifica-la parcela obxecto dela coa ordenanza de solo urbano denominada 2C.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación perante o mesmo órgano que o dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994 de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).
Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiros, 30 de agosto de 2001.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta