Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, propostas de resolución de expedientes administrativos de desafiuzamento por non ocupación, derivados de regularización (expediente 10/2001 e tres máis).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora do expediente do IGVS da Coruña por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña, alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo, elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 6 de setembro de 2001.

Leopoldo R. Ballón de Vallugera

Xefe accidental da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 10/2001.

Expedientado: Guillermo López Pita e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 1, P-2, 2º D, Esteiro (Ferrol).

(Expte. C-81/050, conta 22).

Nº expediente de desafiuzamento: 24/2001.

Expedientado: José Sande Vázquez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Alcalde Quintanilla Martínez, bloque 6, P-4, 8º esqda., polígono de Caranza (Ferrol).

(Expte. C-2-CD/68, conta 520).

Nº expediente de desafiuzamento: 27/2001.

Expedientada: Mª Carmen Martínez González e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Petunias, 19-5º esqda. Barrio das Flores (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 955).

Nº expediente de desafiuzamento: 45/2001.

Expedientado: Ricardo Noval Romero e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Rúa do Ameneiro nº 3, 2º esqda. Sta. Mariña (Ferrol).

(Expte. C-81, conta 192).