Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, os requirimentos de pagamento que se relacionan (expediente C-81/050, conta 208 e cinco máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, de 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a seguir se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou se presenten na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos sus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 6 de setembro de 2001.

Leopoldo R. Ballón de Vallugera

Xefe accidental da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Mª Luz Reyes Rodríguez e herdeiros.

Expte. C-81/050 (Desafiuzamento F.P. 83/01).

Conta: 208.

Colón, bloque 4, P-4, 1º D (Ferrol).

Importe débeda: 2.582.171 pesetas.

José R. Cartelle García e herdeiros.

Expte. C-81/050 (Desafiuzamento F.P. 86/01).

Conta: 183.

Rúa Colón, bloque 4, P-1, baixo (Ferrol).

Importe débeda: 2.259.315 pesetas.

Alejandro Escudero García e herdeiros.

Expte. C-3-IV/75 (Desafiuzamento F.P. 87/01).

Conta: 82.

Rúa Carlos Maside nº 22, bloque 11, 1º esqda. (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 2.022.148 pesetas.

Francisco Fernández Roca e herdeiros.

Expte. C-1-CD/79 (Desafiuzamento F.P. 88/01).

Conta: 411.

O Birloque, bloque 11, P-11, 3º C (A Coruña).

Importe débeda: 1.104.738 pesetas.

Claudio Vilariño Casal e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (Desafiuzamento F.P. 92/01).

Conta: 569.

R/ Lirios, bloque 20, P-3, 4º esqda. Barrio de las Flores (A Coruña).

Importe débeda: 161.043 pesetas.

Emilio Martínez Rodríguez e herdeiros.

Expte. C-3-CD/70 (Desafiuzamento F.P. 93/01).

Conta: 62.

Polígono Elviña 2ª fase, bloque 1, P-4, baixo D (A Coruña).

Importe débeda: 155.751 pesetas.