Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de setembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, requirimentos de pagamento que se relacionan (expediente C-103-CD/67, conta 95 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, de 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que se relacionan no anexo, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos polas persoas citadas noa nexo coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas ou se presenten na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos sus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 6 de setembro de 2001.

Leopoldo R. Ballón de Vallugera

Xefe accidental da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Delfina San Miguel Díaz e herdeiros.

Expediente C-103-CD/67 (F.P. 78/01).

Conta: 95.

Avda. Castelao, bloque 37, P-6, 4º D, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 31.632 ptas.

Isabel Rubio Álvarez e herdeiros.

Expediente C-82/010 (F.P. 81/01).

Conta: 222.

Mestre López Dafonte, bloque 23, P-M, 1º D, Telleiras-Esteiro (Ferrol).

Importe débeda: 1.463.604 ptas.

Carmen Hermida Redondo e herdeiros.

Expediente C-83/410 (F.P. 82/01).

Conta: 17.

Curros Enríquez, 31, 4º H (Noia).

Importe débeda: 850.794 ptas.