Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación do servicio para continua-la implantación do modelo de excelencia (baseado no modelo europeo de calidade), durante o exercicio 2001, en 80 centros colaboradores de formación ocupacional homologados e inscritos no censo de centros colaboradores dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Depedencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 17/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contratación dun servicio.

b) Descrición do obxecto: continua-la implantación do modelo de excelencia (baseado no modelo europeo de calidade), durante o exercicio 2001, en 80 centros colaboradores de formación ocupacional homologados e inscritos no censo de centros colaboradores dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 124, do 27 de xuño de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 52.000.000 de pesetas (312.526,29 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 31-7-2001.

b) Contratista: Soluziona Management Consulting, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 45.500.000 pesetas (273.460,51 euros).

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude