Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do servicio de limpeza na sede do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 66 17, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza na sede do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento total: seis millóns (6.000.000) de pesetas.

Anualidade 2001: dous millóns (2.000.000) de pesetas.

Anualidade 2002: catro millóns (4.000.000) de pesetas.

b) Aplicación orzamentaria: 10.03.353A.227.00.

4. Prazo de execución.

Doce meses.

5. Fianzas.

Provisional: cento vinte mil (120.000) pesetas.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de propostas.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso. 15711 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o vixésimo sexto día natural, ás catorce horas. Se o último día fose inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares.

9. Modelo de proposición.

O que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

11. Apertura de proposicións.

Terá lugar en acto público, nas salas de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ás 12 horas do décimo día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados. Se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

12. Anuncios.

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2001.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural