Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a convocatoria da poxa de madeira 1/2001.

A Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente resolve convoca-la poxa de madeira nº 1/2001, de acordo coas seguintes características:

1. Obxecto: o alleamento dos lotes de madeira que figuran na relación anexa.

2. Fianza provisional: a que figura na citada relación para cada un dos lotes.

3. Exposición de pregos: estarán de manifesto no Servicio de Montes e Industrias Forestais desta delegación (edificio administrativo de Monelos, praza Luis Seoane s/n, 5º andar, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación das proposicións.

4. Prazo de presentación das proposicións: vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Se o día de remate cadra en sábado, o prazo rematará o luns seguinte.

5. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da delegación provincial (edificio administrativo Monelos, 5º andar), na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6. Documentación que presentarán os licitadores: a que se sinala no prego de claúsulas administrativas particulares.

7. Apertura das proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións, que non cadre en sábado. O lugar publicarase no taboleiro de edictos do Servicio de Montes e Industrias Forestais e no rexistro da delegación, no día seguinte ó da publicación deste anuncio.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Información sobre esta poxa: teléfono 981 18 46 63.

O adxudicatario, dentro dos vinte (20) días seguintes ó da data da notificación da adxudicación, deberá presenta-los documentos acreditativos de ter depositado:

a) Importe da adxudicación, prezo total do remate.

b) Importe das taxas.

c) Importe dos gastos deste anuncio.

d) Fianza definitiva, 4% sobre o importe da adxudicación, máis unha fianza complementaria do 6% do prezo de adxudicación (artigo 4.2º do Decreto 244/1998, do 24 de xullo).

e) IVA, 8% sobre o importe da adxudicación se está acollido ó réxime especial agrario ou a porcentaxe que corresponda se está acollido ó réxime xeral que se aplica á propiedade do monte.

f) Os demais que se establezan no prego de cláusulas administrativas particulares do aproveitamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2001.

Higinio J. Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña