Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.341

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CONVOCATORIA de axudas de acción social para o persoal do Consello de Contas de Galicia para o exercicio 2001.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia en reunión do 4 de outubro de 2001 aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas ó seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2001. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución, quedando aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia