Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2001 Páx. 13.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 28 de setembro de 2001 pola que se amplía o prazo de xustificación dos investimentos realizados ó amparo da do 22 de xaneiro de 2001 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas para as actuacións en materia de calidade e deseño industrial, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria para o ano 2001 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro).

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 22 de xaneiro de 2001 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas para as actuacións en materia de calidade e deseño industrial, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria para o ano 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 21, do 30 de xaneiro). O obxectivo desta orde é dar resposta mediante axudas económicas ós esforzos investidores das empresas en materia de calidade (melloras do sistema de xestión da calidade, certificación de sistemas de calidade, plans de calibración, identificación e valoración de custos asociados á non calidade) e de deseño industrial.

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda a presentación, antes do día 31 de outubro de 2001, da documentación acreditativa do investimento realizado.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivaron un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de execución e xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes á vista da complexidade da materialización das actividades subvencionadas por parte dos beneficiarios.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó amparo da orde da Consellería de Industria e Comercio do 22 de xaneiro de 2001, ata o día 15 de novembro de 2001.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio