Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001 pola que se adxudica a contratación da subministración de 18 vehículos (lote 1: 13 vehículos tipo furgón e lote 2: 5 vehículos tipo turismo) para o ente público Portos de Galicia.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia segundo o previsto no artigo 6.3º, a da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número de expediente: SC.SUB-01/01.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

Descrición do obxecto: subministración de 18 vehículos (lote 1: 13 vehículos tipo furgón) e (lote 2: 5 vehículos tipo turismo) para o ente público Portos de Galicia.

b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 140, do 19 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 39.200.000 pesetas (235.596,74 euros) (IVE incluído).

Lote 1: 24.700.000 pesetas (148.449,99 euros) (IVE incluído).

Lote 2: 14.500.000 pesetas (87.146,74 euros) (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 29-8-2001.

b) Contratista lote 1: Noyamóvil, S.L.

Contratista lote 2: Brea Motor, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación lote 1: 24.310.000 pesetas (146.106,04 euros).

Importe adxudicación lote 2: 14.400.000 pesetas (86.545,74 euros).

6. Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase, advertindo que esta resolución pon fín á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución, recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia