Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das propostas de resolución dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción,

por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probras considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinx.Último domicilioMulta

José Ángel Granada Nieto77594676LU-E 153/200126 e) LO 1/1992Nuestra del Carmen, Elasa 3,

Burela

20.000 pesetas