Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de

Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Arvírtase de que de non ser interposto este en tempo e forma haberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará o mesmo. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobro pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinx.Último domicilioMulta

Sufuentes Asociados, S.L.B-27256940LU-E 99/200126 e) LO 1/1992San Roque 18, Lugo40.000 pesetas

Sufuentes Asociados, S.L.B-27256940LU-E 89/200126 e) LO 1/1992San Roque 18, Lugo20.000 pesetas

Sufuentes Asociados, S.L.B-27256940LU-E 96/200126 e) LO 1/1992San Roque 18, Lugo40.000 pesetas

Sufuentes Asociados, S.L.B-27256940LU-E 92/200126 e) LO 1/1992San Roque 18, Lugo30.000 pesetas

Sufuentes Asociados, S.L.B-27256940LU-E 86/200126 e) LO 1/1992San Roque 18, Lugo15.000 pesetas