Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación do servicio de mantemento do sistema informático de xestión económico-financeira e servicio de asistencia en microinformática para o Instituto Galego de Promoción Económica. (C.P. 10/2001).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. nº 10/2001.

2. Obxeto do contrato: servicio de mantemento do sistema informático de xestión económico-financeira e servicio de asistencia en microinformática para o Igape.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 131, do 6 de xullo de 2001.

5. Orzamento máximo de licitación: 13.456.000 pesetas (trece millóns catrocentas cincuenta e seis mil pesetas), IVE incluído, equivalentes a 80.872,19 euros.

6. Adxudicación:

a) Data: 4 de setembro de 2001.

b) Contratistas e importes de adxudicación:

Lote 1: asistencia técnica no sistema de xestión económico-financeira: Natica, S.L. por un importe máximo de 6.728.000 pesetas e polos seguintes importes unitarios: 2.500 pesetas (IVE incluído) por costo de desprazamento e 7.500 pesetas (IVE incluído) por hora de traballo.

Lote 2: asistencia técnica en microinformática: Level Telecom, S.L. por un importe máximo de 6.728.000 pesetas e polos seguintes importes unitarios: 3.080 pesetas (IVE incluído) por costo de desprazamento e 3.300 pesetas (IVE incluído) por hora de traballo.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica