Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 5 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación número 6019.

A Delegación Provincial de Lugo, fai saber que Felipe Domínguez Carrera, con enderezo en Bendollo, Quiroga, presentou nesta delegación provincial, o día 26 de marzo de 2001, instancia-solicitude do permiso de investigación Las Nieves, de 132 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 6019 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1 -7º 10' 00''42º 26' 00''

2 -7º 14' 00''42º 26' 00''

3 -7º 14' 00''42º 29' 40''

4 -7º 10' 00''42º 29' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 5 de xuño de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo