Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 219/2000).

De conformidade co disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 219/2000).

Solicitante: Energías Ambientales, S.A. (EASA).

Enderezo social: r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10-1º esqu., 15008 A Coruña.

Denominación: modificado da L.A.T. de interconexión parque eólico de Novo á liña de 132 kV Cornido-Mera.

Emprazamento: San Sadurniño e Valdoviño (A Coruña).

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión en dobre circuíto a 20 kV baixo tubo e con conductor Pirelli-300 XLPE 12/20 kV de 2x(1x300) mm Al, de 6.545 m de lonxitude, con orixe no parque eólico de Novo, en Valdoviño, e remate na subestación eléctrica a instalar en Cacheiras, lado do apoio nº 22 da liña de 132 kV Cornide-Mera, de Unión Fenosa Distribución, S.A. No seu percorrido discorre 275 m polo Concello de Valdoviño y 6.270 m polo Concello de San Sadurniño. Pola traza discorre tamén cable de fibra óptica para telecomunicacións tipo Opsycom EHE9E de 16 fibras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo proxecto e presenta-las alegacións nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, nun prazo de 30 días, contados

desde o día seguinte á derradeira publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de outubro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións