Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 14 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Hilda, 5883.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que, por Resolución do 30 de maio de 2001, foi outorgado o permiso de investigación Hilda, número 5883, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de lousas e cuarcitas, que se sitúa nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo da provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 14 de xuño de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo