Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.308

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (223/2000).

Valentín González Álvarez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal civil número 223/2000, e que se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra os presentes autos de xuízo verbal, promovidos polo procurador dos tribunais Sr. Cid, actuando en nome e representación de José López Veloso, baixo a dirección da letrada Sra. Rey, polo procurador Sr. Sanjuán, Ana Dasilva Insua, representada polo procuradora Sra. Angulo, Miguel Vidal Laredo, Winterthur, representada polo Sr. López e AMA Previsión Sanitaria, representados pola procuradora Sra. Torres. A estes autos acumuláronse os autos 322/2000, promovidos pola mesma demandante contra Caser, representada pola Sra. Nazar, Ponte Punto, S.A., representada pola procuradora Sra. Torres, e os autos rexistrados baixo o número 333/2000, promovidos por Ana Dasilva Insua, representada pola Sra. Angulo contra Severo García Durán, Ponte Punto, S.A. e AMA Previsión Sanitaria, representados pola procuradora Sra. Torres, sobre reclamación de cantidade por culpa

extracontractual.

Decido que estimando parcialmente a demanda deducida por José López Veloso, condeno a Severo García Durán, AMA Previsión Sanitaria, Ponte Punto, S.A., Miguel Vidal Laredo e Caser a aboarlle

ó demandante a suma de 341.524 pesetas que devengarán respecto da aseguradora o xuro legal do diñeiro incrementado nun cincuenta por cento desde a data do sinistro ata o seu completo pagamento.

Estimando parcialmente a demanda deducida por Ana Dasilva Insua, contra Severo García Durán, Ponte Punto, S.A. e AMA Previsión Sanitaria, condeno os ditos demandados ó aboamento á demandante da suma que en execución de sentencia se determine como importe dos danos sufridos na parte traseira do vehículo propiedade da demandante, conforme o expresado no fundamento terceiro deste sentencia. Absolvo o resto dos demandados das pretensións contra estes formuladas neste proceso. Non se efectúa especial pronunciamento en materia de custas».

E para que sirva de notificación en forma e como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Miguel Vidal Laredo, con último domicilio coñecido no lugar da Eirexe, Dena, número 62, Meaño (Pontevedra), expido e asino este edicto en Pontevedra o dezanove de xullo de dous mil un.

O secretario xudicial

Rubricado