Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 24 de outubro de 2001, as dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 19 de outubro de 2001, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 21 de setembro de 2001.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DE VIGO

*Concursos convocados por resolución da universidade do 4-5-2001 (BOE do 29 de maio).

Concurso nº: 22/2001.

Nº sorteo: 44.672

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: teoría da sinal e comunicacións.

Presidente titular: José Capmany Francoy.

Vocal secretario titular: Francisco J. Fraile Peláez.

Concurso nº: 23/2001.

Nº sorteo: 44.673.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química orgánica.

Presidente titular: Ángel Rodríguez de Lera.

Vocal secretario titular: María Teresa Iglesias Randulfe.

Concurso nº: 24/2001.

Nº sorteo: 44.674.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química orgánica.

Presidente titular: Ángel Rodríguez de Lera.

Vocal secretario titular: María Teresa Iglesias Randulfe.

Concurso nº: 25/2001.

Nº sorteo: 44.675.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: matemática aplicada.

Presidente titular: Eusebio Corbacho Rosas.

Vocal secretario titular: José Durany Castrillo.

Concurso nº: 26/2001.

Nº sorteo: 44.676.

Corpo:profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería telemática.

Presidente titular: Carlos Delgado Kloos.

Vocal secretario titular: José Juan Pazos Arias.

Concurso nº: 27/2001.

Nº sorteo: 44.677.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito procesual.

Presidente titular: Víctor Manuel Moreno Catena.

Vocal secretario titular: Marco A. Villagómez Cebrián.

Concurso nº: 28/2001.

Nº sorteo: 44.678.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Manuel María Varela Lafuente.

Vocal secretario titular: Alberto Gago Rodríguez.

Concurso nº: 29/2001.

Nº sorteo: 44.679.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Xosé Carlos Arias Moreira.

Vocal secretario titular: Alberto Gago Rodríguez.

Concurso nº: 30/2001.

Nº sorteo: 44.680.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: dereito do traballo e da Seguridade Social.

Presidente titular: Jaime Cabeza Pereiro.

Vocal secretario titular: Juan José Fernández Domínguez.