Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.306

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001 pola que se nomean funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000 para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

Cumpridos os trámites previstos na base VI do proceso selectivo convocado pola Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 147, do 31 de xullo), para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, procede realiza-lo nomeamento dos aspirantes que superaron a fase de oposición e presentaron en prazo a documentación correspondente, coma funcionarios en prácticas.

Por iso esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, os

seguintes aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo:

Quenda libre:

Apelidos e nomeDNIPuntuación

López Ferreiro,Rocío3331621862,12

González Rey, Mª José7677870760,50

Benhamou Gallego, Mª Nathalie3279067858,90

Amiama González, Mª Teresa3331567157,26

López Otero, Mª Lourdes3280700955,83

Núñez Vázquez, Cristina78.785.72954,58

González Soto, Rita Mª36.106.39154,25

Cores González, Ana Mª5245843154,16

Mauriz Montero, Consuelo3265192453,65

Picallo Gago, Mª del Carmen5247130753,20

Diéguez Díaz, Marina3386199153,01

Laredo Cordonie, Mª Julia3279176152,51

Roug Sánchez, Mª Raquel3610710750,34

González Vázquez, Mª Victoria3329686249,38

Quintero López, Silvia3611726648,37

O nomeamento dos interesados coma funcionarios en prácticas terá efectos da data de inicio do curso selectivo que se establece no punto quinto desta resolución.

Segundo.-Para os efectos do disposto na base I.1.7 da orde de convocatoria establécese a seguinte distribución de prazas por especialidades do curso selectivo:

-Especialidade técnica de inspección financeira e tributaria: 1 praza.

-Especialidade técnica de xestión tributaria: 6 prazas.

-Especialidade técnica de contabilidade e intervención: 8 prazas.

-Total prazas do curso selectivo: 15 prazas.

Terceiro.-Convócanse os aspirantes relacionados no punto primeiro desta resolución ó acto público de elección de especialidade do curso selectivo que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, baixo en Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 15 de outubro de 2001.

A elección de especialidade polos aspirantes efectuarase conforme a orde establecida pola base I.1.7 da convocatoria.

Cuarto.-O curso selectivo desenvolverase segundo o establecido pola base III da orde de convocatoria.

Quinto.-Igualmente convócanse os aspirantes relacionados no punto primeiro desta resolución ó acto de inicio do curso selectivo que terá lugar ás 16 horas do día 15 de outubro de 2001 na sala de xuntas B sita entre as consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública