Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.305

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001 pola que se nomean funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000 para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas.

Cumpridos os trámites previstos na base VI do proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 147, do 31 de xullo), para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, procede realiza-lo nomeamento dos aspirantes que superaron a fase de oposición e presentaron en prazo a documentación correspondente, como funcionarios en prácticas.

Por iso esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, os seguintes aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo:

Apelidos e nomeDNIPuntuación

Promoción interna:
Rodríguez Simal, Mª Soledad35.313.36161,6

Quenda libre:
Roel Alonso, Mª del Sagrario36.073.47988,92
Benhamou Gallego, Mª Nathalie32.790.67881,36
Villanueva Rodríguez, Ulpiano Leandro33.287.76181,3
Chacón Pichel, Almudena32.825.51179,98
Corgos López-Prado, Miguel32.822.28074,61
Calvo Otero, Mª del Mar32.766.57870,1
Brage Díaz, Mª de los Ángeles32.662.97269,17
Pérez Martínez, José Antonio33.317.91067,09
Cuéllar Barbeito, Eugenia Mercedes32.791.66666,67

O nomeamento dos interesados como funcionarios en prácticas terá efectos da data de inicio do curso selectivo que se establece no punto quinto da presente resolución.

Segundo.-Para os efectos do disposto na base I.1.7 da orde de convocatoria establécese a seguinte distribución de prazas por especialidades do curso selectivo:

-Especialidade de inspección financeira e tributaria:

1 praza.

-Especialidade de intervención:

9 prazas.

-Total prazas do curso selectivo:

10 prazas.

Terceiro.-Convócanse os aspirantes relacionados no punto primeiro da presente resolución ó acto público de elección de especialidade do curso selectivo que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, baixo en Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 15 de outubro de 2001.

A elección de especialidade polos aspirantes efectuarase conforme a orde establecida pola base I.1.7 da convocatoria.

Cuarto.-O curso selectivo desenvolverase segundo o establecido pola base III da orde de convocatoria.

Quinto.-Igualmente convócanse os aspirantes relacionados no punto primeiro da presente resolución ó acto de inicio do curso selectivo que terá lugar ás 16 horas do día 15 de outubro de 2001 no mesmo lugar indicado no punto terceiro da presente resolución.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública