Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 10 de setembro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do solo urbanizable non programado número 34 (SUNP-34) de Boisaca, promovido pola Entidad Pública Empresarial del Suelo (SEPES).

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo