Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Por decreto do Consello da Xunta de Galicia 219/2001, do 7 de setembro, declarouse a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de evacuación de pluviais SUP-4 (colector exterior) e urbanización da rúa de Conxo de Arriba (Concello de Santiago de Compostela).

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Santiago de Compostela convoca os titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan, co fin de redacta-las actas previas á ocupación.

Día 19 de outubro ás 9 horas.

Lugar: local Centro Socio Cultural Aurelio Aguirre. Praza da Igrexa s/n.

Día 19 de outubro de 2001 ás 9 horas: da parcela nº 1 á nº 5.

Día 19 de outubro de 2001 ás 9.15 horas: da parcela nº 6 á nº 10.

Día 19 de outubro de 2001 ás 9.30 horas: da parcela nº 11 á nº 15.

A este acto deberán acudir tódolos titulares dos bens e dereitos afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos tanto da súa personalidade (DNI/NIF) como da súa titularidade e o último recibo do imposto de bens inmobles. Poden asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

A lista de propietarios afectados atópase exposta ó público no taboleiro de edictos do concello.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde