Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2001 Páx. 13.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 16 de xullo de 2001, aprobou inicialmente un expediente complementario da reparcelación do polígono A do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro, co obxecto de concretar, mediante a adxudicación da parcela resultante U.3.2., os dereitos correspondentes ós propietarios das parcelas iniciais 3A e 3B.

Así mesmo, a Comisión de Goberno na mesma sesión acordou rectificar, ó abeiro do previsto no artigo 105 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os erros detectados na parcela resultante U.1.1 da citada reparcelación aprobada.

En cumprimento do que dispón o artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo con previsto no artigo 59.4º da mencionada Lei 30/1992, ós propietarios afectados por este expediente que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que a seguir se relacionan:

-Camilio Tojo Lamas.-Gumersindo Otero Castelao.-Antonio García Souto.-Ramón Iglesias Fernández.-César Iglesias Lareo.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo