Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía do 21 de setembro de 2001, o proxecto de estatutos da xunta de compensación e bases de actuación referentes ó Plan parcial residencial de baixa intensidade SUB-SI, en Santa Isabel, promovido por José María Castro Vázquez e aprobado polo Pleno do Concello con data do 28 de xuño de 2001, o acordo,

xuntamente cos estatuos e bases de actuación quedan expostos ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da insercción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de alegacións polos interesados, na secretaría municipal, de acordo co disposto no artigo 102 da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Outeiro de Rei, 22 de setembro de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde