Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación da asistencia técnica para a elaboración dun proxecto de carácter técnico de infraestructuras no parque empresarial do Tambre.

Tipo de licitación: 13.849.897 pesetas, equivalentes a 83.239,55 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será dun mes contado a partir da data de formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contado desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións económico-administrativas.

Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Dª...., maior de idade, veciño de... con enderezo en... e DNI número..., en nome propio ou en representación de..., manifesta o seguinte:

a) Como concursante e como adxudicatario se o fose, mostra a súa conformidade e acepta integramente o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas deste concurso e cantas obrigas deste deriven.

b) Comprométese á prestación do servicio técnico ofertado ó prezo que se detalla (poñer en letras e cifras):

En..., ... de... de 2001.

O licitador

(Selo da empresa)

Asdo.: (Nome e apelidos)

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado