Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO da aprobación definitiva de proxecto de plan parcial.

O Pleno do Concello, en sesión do 20 de xullo de 2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de plan parcial do parque empresarial de Sigüeiro correspondente ó solo apto para urbanizar industrial sector 1 das normas subsidiarias de planeamento municipais.

En cumprimento do disposto polo artigo 48 da Lei do solo de Galicia, publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do proxecto definitivamente aprobado no BOP nº 192, do 22 de agosto de 2001.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba

entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Oroso, 5 de setembro de 2001.

Eugenio Neira García

Alcalde