Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO da aprobación definitiva de proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento na rúa do Practicante, en Sigüeiro.

O Pleno do Concello, en sesión do 20 de xullo de 2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, na rúa do Practicante, en Sigüeiro.

En cumprimento do disposto polo artigo 48 da Lei do solo de Galicia, publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do proxecto definitivamente aprobado no BOP nº 181, do 8 de agosto de 2001.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no

que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Oroso, 5 de setembro de 2001.

Eugenio Neira García

Alcalde