Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador 36-29/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co dispongo no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador nº 36/29/01, por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

Desígnase instructora do expediente a Rosa Agrasar Muíños podendo ser recusada en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se lle notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-lo expediente no Servicio Provincial de Consumo sito na avda. de Vigo, 16-1º (Pontevedra), e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa a delegada provincial do Instituto Galego de Consumo, de acordo co artigo 16 do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito na avda. de Vigo, 16-1º (Pontevedra).

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Expediente: 36/29/01.

Inculpado: José A. Soliño Electrogas, S.L.

Enderezo: Frei Juan Navarrete, 10 interior, local 8 (Pontevedra).

Motivos: irregularidades na prestación do servicio de reparación de aparellos de uso doméstico.

Sanción: 40.000 pesetas.

Data do acordo de incoación: 20-8-2001.

Pontevedra, 3 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra