Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación ordinaria, para o outorgamento da concesión de explotación das instalacións da fábrica de xeo de Tragove (Cambados) para a prestación do servicio de subministración de xeo. (Expediente PO-13-36-2001-S1).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais. Área de Planificación e Explotación.

c) Número do expediente: clave: (PO-13-36-2001-S1).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: explotación da nova fábrica de xeo do porto de Tragove (Cambados) para a prestación do servicio de subministración de xeo.

b) Lugar da concesión: porto de Tragove (Cambados) na provincia de Pontevedra.

c) Prazo de vixencia: cinco (5) anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases do concurso.

5. Garantías.

Provisional: a especificada no prego de bases do concurso.

Definitiva: a especificada no prego de bases do concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Enderezo de Internet: http//www.xunta.es/contratatacion/asp?=759.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que integrará as ofertas: a indicada no prego de bases do concurso.

c) Lugar de presentación:

Entidade: as ofertas presentaranse en sobres pechados no rexistro xeral do ente público Portos de Galicia, ou na forma establecida no artigo 100 do Decreto 3410/1975, do 25 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: praza de Eurosa, 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: tres (3) meses, desde a apertura das ofertas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela. 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais do ente público Portos de Galicia o resultado da dita comprobación, indicando, se é o caso, o prazo establecido para a emenda dos defectos materiais observados na documentación susceptibles de emenda.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela 3 de outubro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia