Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador P-P-01/095 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 10 de setembro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/095.

Denunciado: José Mª Ben Fernández. San Pedro de Ribeira-Touro (A Coruña).

DNI: 33201528.

Feitos denunciados: pescar nunha zona vedada de pesca. Négase a entrega-las artes de pesca. Atopábase coa cana na man e o cebo na auga (culleriña), ás 17.30 horas do día 15 de maio de 2001, no río Deza, ó seu paso por Cirela, no concello de Vila de Cruces.

Data do acordo de incoación: 21 de agosto de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992 da pesca fluvial de Galicia, en relación co anexo II da Orde do 15-2-2001, pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2001.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 22.000 pesetas (132,22 euros).