Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 6 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-655/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-655/2001 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-0655/2001.

Inculpado: Asistencia al Hogar Canarias, S.L.

Domicilio: Luis Quintás Goyanes número 8, P-1, 1º A 15009 A Coruña.

Motivos: incumprimento de normas relativas a información, non elaboración de orzamentos e outros.

Data da iniciación: 6-8-2001.

A Coruña, 6 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña