Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 128/2001).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento urb. U.E. Oleiros (L.M.T. Lamastelle-Mera-Sada).

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: recuamento de liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240) mm Al, de 710 m de lonxitude, a primeira con orixe en apoio de formigón proxectado en rúa Coruxo da L.M.T. Lamastelle-Mera-Sada (tramo Lamastelle-Santa Cruz) e remate no C.T. Santa Cruz Molino (expediente 26915) e a segunda con orixe en torre metálica proxectada en rúa Eira da Concha (tramo Santa Cruz-Sada) e remate na L.M.T.S. a C.T. Coruxo (expediente 50777), no concello de Oleiros.

C.T. non prefabricado en urbanización U.E. 9, de 1.000 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,380-0,220 kV, no concello de Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 4 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña