Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 10 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 6 de agosto de 2001, dictada no expediente sancionador da Coruña AC-57/2001, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á sociedade que de seguido se relaciona a resolución da Delegación Provincial da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-57/2001, incoado á sociedade titular do establecemento de café-bar denominado Tocata, situado na rúa Rosalía de Castro nº 67, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sancións devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-57/2001.

Denunciado: José Neira López y Otro, S.C.

Establecemento: café-bar Tocata.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro nº 67.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 86 puntos 2º e 3º da Lei 9/1997.

Resolución: 6 de agosto de 2001.

Sanción: dúas multas, de dez mil (10.000) pesetas cada unha.

A Coruña, 10 de setembro de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña