Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kV subestación Pazos L.A.T. Atios/Mos, que se vai realizar nos municipios de Mos, Redondela e Pazos de Borbén (Pontevedra), promovido pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (Expediente 31/2000).

O artigo 5, punto 2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG número 188 do 25 de setembro), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kV subestación Pazos L.A.T. Atios/Mos, que se vai realizar nos municipios de Mos, Redondela e Pazos de Borbén (Pontevedra), promovido pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo.-Para os correspondentes efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra.

-Concellos de Mos, Redondela e Pazos de Borbén.

Terceiro.-As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria formularanse durante o devandito prazo de trinta días e serán presentadas en calquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria