Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 179/2001).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Canosa.

Situación: Cee.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 527 m de lonxitude, coa orixe na liña Lires-Buxán (expediente 50409) e final no C.T. Canosa, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Canosa, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 475 m de lonxitude, que se conecta a rede existente, no termo municipal de Cee.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, en no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Elena Rodríguez Touriñán, con domicilio en Frixe, parroquia de Frixe, Santa Leocadia, 70, 15124 Muxía, A Coruña, en escrito de data 4 de maio de 2001, manifesta que o predio, co trazado actual, queda partido pola metade. Propón un trazado alternativo e presenta informe do enxeñeiro técnico agrícola, Pedro F. Pazos Liñeiro, colexiado LU-Nº 365.

A entidade beneficiaria manifesta que o proxecto obxecto do expediente 179/2001 foi consensuado coa maioría dos afectados, o cal se explica co feito de que esta entidade chegou a un acordo con 13 dos 14 propietarios. Manifesta así mesmo que a alternativa proposta pola sra. Rodríguez implicaría afectar a novos propietarios.

Considerando que en ningún dos predios afectados pola expropiación, pola que discorrerá a liña eléctrica, en en concreto o predio nº 1, se dan as limitacións á constitución da servidume de paso, que prevé o artigo 161 apartado 1º do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, de 1 de decembro, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódolas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adqui

sición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

No prazo de seis meses deberá solicita-la aprobación do proxecto de execución, producindo a caducidade da autorización tranxorrido o dito prazo, podéndose solicitar por razóns xustificadas prórrogas do prazo establecido.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 30 de agosto de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións