Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente IN407A 84/2001).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T.I., R.B.T. Añón.

-Situación: Carballo.

-Características técnicas:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 385 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Añón e final no C.T. intemperie Añón, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Añón, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 340 m que se conecta á rede existente, no termo municipal de Carballo.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións.

Manuel Peregil Cambón, con domicilio na praza de Vigo, nº 1, 3º C, 15706-Santiago de Compostela, predio nº 2, en escrito de data 30 de abril de 2001, solicita que se precise o predio afectado e que se lle produza o menor dano posible.

A entidade beneficiaria, en escrito de data 11 de maio de 2001, manifesta que a liña discorre na súa maior parte polo lindeiro entre o predio nº 2 e o predio nº 1, colocándose dous apoios no dito lindeiro, co que se intenta minimiza-la afección que se lle orixine.

María del Carmen Facal Ponte e irmáns, con domicilio e r/ Desiderio Varela 20, 2º esquerda, 15101-Carballo, en escrito de data 4 de abril de 2001, predio nº 1, négase á ocupación sen antes chegar a un acordo coa empresa beneficiaria.

A entidade beneficiaria, en escrito de data 21 de xuño de 2001, manifesta que, de acordo co plano de planta e perfil desta instalación eléctrica, o trazado axústase ó lindeiro da parcela nº 1, discorrendo entre este predio e o predio nº 2.

Considerando que en ningún dos predios afectados pola expropiación se dan as limitacións á constitución da servidume de paso, que prevé o artigo 161, apartado 1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características sse axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 30 de agosto de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións