Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1 (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.
Denominación: C.T.A. de 50 kVA Petón.
Situación: Cerceda.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 30 m de lonxitude con orixe na liña do Alto do Vilar e remate no C.T. de Petón, para instalar. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Petón. Concello de Cerceda.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 30 de agosto de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións