Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/97-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Concello de Oímbra.

Domicilio social: estr. de Oímbra a Videferre, 32613 Oímbra.

Denominación: L.M.T. e C.T., depuradora de auga.

Situación: depurado de auga de Oímbra.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de 95 m de lonxitude (20 m aérea máis 75 subterránea) derivada desde o apoio que se vai instalar co nº 15 A4/1 da L.M.T. nº 8 á subestación de Verín e rematará no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V á beira da depuradora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario da Delegación Provincial de Ourense