Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.262

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se anuncia a relación definitiva de candidatos seleccionados para a cobertura temporal de dúas prazas do Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral.

A devandita relación será exposta na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios das xerencias das institucións sanitarias do Sergas, da Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Ser

vicios Sociais, das delegacións provinciais do devandito organismo, das direccións provinciais do Sergas e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Así mesmo, será publicada na páxina web do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos