Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.262

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 26 de setembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación definitiva de candidatos seleccionados para a cobertura temporal dunha praza de médico na unidade periférica de Prevención de Riscos Laborais e Saúde Laboral do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

A devandita relación será exposta na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Provincial do Sergas en Pontevedra, con sede en Vigo, nas xerencias das institucións sanitarias do Sergas desta provincia e na Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Así mesmo, será publicada na páxina web do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos