Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.262

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Por resolución da División de Recursos Humanos do 16 de maio de 2001 (DOG nº 100, do 25 de maio), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

O punto 6 da base quinta desta resolución de convocatoria dispón que a autoridade convocante publicará, de se-lo caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomean os seus novos membros que teñan que substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles, polo que, esta división,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 16 de maio de 2000 nos termos seguintes:

Tribunal: traballador social.

Membros titulares:

Presidenta: Corina Porro Martínez é substituída por Manuel Conde Mouzo, subdirector xeral de Acción Social da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Membros suplentes:

Presidente: Manuel Conde Mouzo é substituído por Arturo Hermida Paredes, subdirector xeral de Custos do Persoal e Retribucións da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos