Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión realizada o día 6 de setembro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto reformado de urbanización do parque empresarial de Alvedro, promovido por Xestur Coruña, S.A., concesionaria do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portor Carlos Antelo Martínez.

O devandito documento estará exposto ó público durante o prazo dun mes desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal), na Área de Urbanismo da casa do concello. Durante este prazo poderán presentarse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 12 de setembro de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo