Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de reparación de danos temporais na ponte dos Ánxeles, O Cachopal sobre o río Maruzo.

b) Lugar de execución: ponte dos Ánxeles, O Cachopal sobre o río Maruzo.

c) Prazo de execución: as obras deberán estar rematadas na súa totalidade o 1 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso conforme o prego tipo de cláusulas administrativas aprobado polo Pleno da deputación provincial en sesión do 30 de marzo de 2001

(BOP nº 78, do 4 de abril), utilizando como criterios de valoración os contidos na opción A do anexo IV.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 11.350.623 pesetas (IVE incluído).

5. Pagamento.

Farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria nº 5.61.

6. Revisión de prezos.

Non procede.

7. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

8. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

9. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas económicas.

Terá lugar o quinto día hábil posterior a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás catorce horas, ante a mesa de contratación, que previamente cualificará a documentación presentada. De coincidir en sábado a apertura, esta terá lugar o seguinte día hábil posterior.

11. Modelo de proposición e de sobre.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Obtención de documentación e de información.

a) Entidade: Concello de Oroso (oficinas municipais).

b) Domicilio: prazo do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: 15884, Sigüeiro, Oroso.

d) Teléfono: 981 69 14 78/981 69 16 80. Telefax: 981 69 17 86.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior ó de finalización do prazo de presentación de propostas.

13. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Oroso, 27 de setembro de 2001.

Eugenio Neira García

Alcalde