Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia O2001/53).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O2001/53.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de construcción dun centro de servicios sociais nos Mallos. Prazo de execución: vintedous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 240.000.000 de pesetas (1.442.429,05 euros) IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratación*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase

prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 19 de setembro de 2001.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente de alcalde, delegado de Contratación