Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-2/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 24 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización presentado pola Xunta de Compensación do POL F6.02, praza Porticada I, coas condicións, que deberán ser emendadas mediante a presentación dun texto refundido para a aprobación definitiva do documento, que se indican no informe emitido polo enxeñeiro municipal.

Segundo.-Expoñe-la información pública polo prazo dun mes, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e na prensa.

Terceiro.-Notificar á Xunta de Compensación.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación correrán por conta do seu promotor.

A Coruña, 6 de setembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo