Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (19/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada no día 24 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación do sistema de actuación do polígono E5.01 de compensación a cooperación e requirir a Promociones Bermúdez para que no prazo de tres meses presente proxecto de reparcelación para a súa posterior tramitación por esta Administración.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contado da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A presente publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal.

A Coruña, 4 de setembro de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo