Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno deste concello, en sesión do 14 de setembro do ano que corre, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso de recolla e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o expresado prego.

Cadro de características do contrato.

1. Obxecto do concurso. A adxudicación mediante concesión administrativa, mediante concurso con procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a xestión do servicio de recolla de residuos sólidos urbanos (lixo) e o seu transporte á ecoplanta de Barreiros, así como o servicio de limpeza viaria, espacios públicos (incluídas praias na tempada de verán), áreas recreativas e a xestión do punto limpo, cumprindo as directrices do anexo do convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e este concello.

2. Tipo de licitación. Non se fixa.

3. Duración do contrato. 15 anos, que poden ser prorrogables por quinquenios sucesivos, ata o máximo que permita a lei.

4. Lugar de presentación de proposicións. Rexistro xeral do Concello de Burela, rúa Pardo Bazán nº 6.

5. Prazo de presentación de proposicións. 13 días naturais contados a partir da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

6. Garantías. Provisional: 2.000.000 de pesetas; definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Criterios de selección para adxudicación do concurso. Os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Modelo de proposicións. O sinalado no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 21 de setembro de 2001.

P.D.F. (Resolución Alcaldía 8-9-1999)

Cristóbal Edrosa Fernández

Segundo tenente de alcalde