Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión realizada con data do 6 de agosto de 2001, o estudio de detalle redactado polo arquitecto Álvaro Fernández Carballada e promovido pola entidade Promociones Mallón y Vilas, S.L. para a ordenación de volumes e aliñacións da parcela A resultante do expediente de reparcelación do polígono delimitado polas rúas nº 9 e nº 10, a avenida de Barraña e o sector de solo SAPU 1B, na zona de Barraña, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para os efectos de presentación de alegacións e reclamacións.

Boiro, 26 de setembro de 2001.

Jesús Alonso

Alcalde